Castelán | Galego
Bibliotecaria (1980-2011), titulada na Universidade de Chile, leva traballando 30 anos no ámbito da Biblioteca Escolar. A cargo durante 18 anos da Coordinación Nacional de Bibliotecas Escolares/CRA Enseñanza Básica y Media del Ministerio de Educación de Chile. Ex Directora para América Latina da IASL (International Association School Librarianship). Experta en narración oral, periodicamente realiza sesións coma Storyteller a nenos, novos, profesores e pais. O ano 2004 recibiu o Premio anual Cámara Chilena do Libro polo seu destacado compromiso coa Promoción á Lectura. Colaborou para o Máster en Promoción á Lectura, coordinado pola Universidade Alcalá de Henares e Fundación Germán Sánchez Ruipérez, Medalla ao Mérito “Oreste Plath”, Academia Chilena de Literatura Infantil-Juvenil (ACHLI). Participación como mestra en Diplomatura de postgrao en Bibliotecas escolares, cultura escrita e sociedade en rede. Universitat Autònoma de Barcelona e Centro de Altos Estudos Unversitarios, CAEU, da organización de Estados Iberoamericanos (OEI), Barcelona, España, 2010. Coautora de documento colectivo do CERLAC polas bibliotecas Escolares de Iberoamérica, participante do grupo Xestor do Proxecto Bibliotecas Escolares MERCOSUR e membro do equipo consultor da OEI sobre “Lectura e Bibliotecas Escolares”.
http://constanzamekis.blogspot.com/
http://www.mineduc.cl/index.php?id_portal=66
É licenciada en Historia da Arte (UB) e en Documentación (UOC). Dende 1992 traballa na Escuela del Clot (Barcelona) como responsable da biblioteca escolar do centro. É autora dos contidos do portal especializado “La biblioteca escolar como herramienta educativa” (wwww.bibliotecaescolar.info) que mantén actualizado dende 2003. Colabora regularmente en sesións de formación do Programa “Puntedu” de bibliotecas escolares do Departament d’Educació da Generalitat de Catalunya e na escola de verán de Rosa Sensat. É membro do grupo Bibliomedia pertencente á ”Federación de Movimientos de Renovación Pedagógica” de Cataluña. Colaborou nas xornadas dedicadas á biblioteca escolar realizadas nos últimos anos en Galicia, Extremadura e Andalucía polas respectivas Consejerías de Educación. Publicou diversos artígos sobre a implementación da biblioteca escolar nos centros educativos e a articulación da competencia informacional no contexto escolar. É autora do libro “La biblioteca escolar, hoy. Un recurso estratégico para el centro” (2010) editado pola editorial Graó e coautora, con Anna Blasco, do libro “La competencia informacional del curriculum a l’aula” (2011) editado pola Asociación de mestres Rosa Sensat. Froito do traballo realizado nesta última publicación creou a web colaborativa especializada en competencia informacional no ensino obligatorio: “Competencia informacional a l’aula” (https://sites.google.com/a/xtec.cat/cinfo-aula/) que representa actualmente un portal de referencia sobre o tema en Cataluña.
https://sites.google.com/a/xtec.cat/cinfo-aula/
www.bibliotecaescolar.info
José García Guerrero, mestre, é responsable do apoio ás bibliotecas escolares na Delegación de Educación de Málaga. A súa traxectoria profesional está vinculada dende fai duas décadas á promoción da lectura e ó impulso e desenvolvemento das bibliotecas escolares. -Colabora regularmente en revistas nacionais como CLIJ, Textos, Cuadernos de Pedagogía...É autor de libros como “La biblioteca escolar: un recurso imprescindible”. “Propuestas y materiales para la creación de ambientes lectores en los centros” (Junta de Andalucía, 1999); “Utilidad de la biblioteca escolar: un recurso al servicio del proyecto educativo” (TREA, 2010); “Plan de trabajo y autoevaluación de la biblioteca escolar” (Junta de Andalucía, 2011). -Director editorial e coautor da publicación realizada polo Ministerio de Educación titulada “La articulación dos recursos no funcionamento da biblioteca escolar” (Ministerio de Educación, 2007), entre outros. -Director editorial da publicación periódica trimestral Libro Abierto dende o ano 2000: http://cepronda.org/libroabierto/ -Editor do portal BECREA de recursos e contidos específicos da biblioteca escolar http://www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/ -Director da Red Profesional de Bibliotecas Escolares da provincia de Málaga dende 2004. -Dende septembro de 2010 é vocal do Comité Científico do Observatorio de la Lectura de Andalucía.
Portal BECREA de contenidos y recursos para las bibliotecas escolares
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/
Publicación periódica de información y apoio a las bibliotecas escolares. Libro Abierto
http://cepronda.org/libroabierto/
La red profesional BECREA de la provincia de Málaga
http://www.cepaxarquia.org/aula/course/view.php?id=37
• Doutorado sobre Bibliotecas Escolares. Licenciado en Documentación (Universidade de Alcalá). • 30 anos de experiencia coma mestre de E. Primaria, E. Musical e Pedagoxía Terapéutica. • Encargado da biblioteca escolar durante dez anos en varios colexios. • Director Xeral do Libro, Archivos y Bibliotecas de Castilla-La Mancha (2005-2006). • Actualmente, mestre de E. Primaria en CEIP Las Lomas, de Guadalajara. • Membro do comité de redacción e publicación da revista ¡Atiza! (1982 -1993). • Artigos publicados en diversas revistas profesionais: Primeras Noticias, Comunidad Educativa, Platero, Educación y Biblioteca,Clasé, entre moitas outras. • Membro da Comisión de elaboración da “Selección de material bibliográfico y audiovisual para colegios de Ed. Infantil y Primaria y para Institutos de Educación Secundaria y Bachillerato”, realizada polo Ministerio de Educación y Cultura (1998). • Coautor das obras: “Proyecto Educativo de Centro en Educación Infantil y Primaria”. Madrid: CEPE. 1998. "Las bibliotecas escolares de Castilla-La Mancha. Análisis de la situación actual. Curso 2002-2003". Toledo: Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha. Consejería de Educación y Ciencia. 2005. , entre outras. • Autor da obra: “La Biblioteca Escolar en España: pasado, presente... y un modelo para el futuro”. Madrid: Ediciones de la Torre. 2004.
La biblioteca escolar como centro de alfabetización informacional y de recursos para el aprendizaje. La realidad de la comunidad de Castilla-La Mancha
La biblioteca escolar: centro de documentación, información y recursos para la comunidad educativa. Un punto de vista documental
Biblioteca escolar: centro de documentación y recursos
Obtivo o Diplomado en Biblioteconomía e Documentación na Universidade de Extremadura, onde tamén cursou estudos de informática. Responsable do apoio ás bibliotecas escolares da Consejería de Educación y Cultura de Extremadura, onde coordina a Rede de Bibliotecas Escolares de Extremadura. Publicou diferentes artigos e coordinou a edición de publicacións neste campo, así como unha ducia de manuais sobre ofimática e Internet. Ten participado en diversos congresos e xornadas, e imparte formación nos centros de profesores.
http://bibliotecasescolares.educarex.es
http://rebex.educarex.es
http://bam.educarex.es
http://pinakes.educarex.es
É catedrático de Lingua e Literatura Española, exerceu o seu labor docente en Guipuzcoa,e dende fai 20 anos, en Navarra. Nos derradeiros anos, a partir de 2008, colaborou na posta en marcha e deseño do Plan de mellora das competencias lectoras en Navarra. Dentro do mesmo programa impartiu diversos cursos de formación para o profesorado, tanto presenciais como online, sobre estratexias e procesos lectores en Navarra. Dende abril de 2010 traballa no Departamento de Educación como asesor responsable da lectura e bibliotecas e coma tal ten participado como ponente en centros de formación do profesorado no País Vasco ou en congresos coma Getxolinguae para dar a coñecer o plan de lectura de Navarra. Organizado recentemente as III Jornadas de Bibliotecas Escolares en Pamplona
Mestre, responsable da Biblioteca Escolar do CEIP Intelhorce de Málaga (2000-2006). Formador de mestres, especialista no programa ABIES e no estudo e análisis de páxinas webs e blogs de bibliotecas escolares. Membro do equipo técnico de Bibliotecas Escolares da provincia de Málaga dende 2006. Coautor de: - Recursos para a organización e dinamización da biblioteca escolar. GARCÍA, J., LUQUE, J.M. y MUROS, M. Málaga, Delegación de Educación de la Consejería de Educación de la Junta de Andalucía en Málaga, 2003. Colaborador, entre outras, en: - Plan Lectura e Biblioteca. Guía de Bibliotecas Escolares. Plan de Lectura e de Bibliotecas Escolares nos centros educativos de Andalucía (Cederrón). GARCÍA GUERRERO, J. (Coord.). Sevilla, Junta de Andalucía, Dirección General de Ordenación y Evaluación Educativa, Consejería de Educación, 2006. - Realización e mantemento ata decembro de 2006 de http://www.juntadeandalucia.es/averroes/intelhorce/ - Coautor de diversos estudos sobre a implantación e desenvolvemento das bibliotecas escolares na provincia de Málaga (2008-2011) http://www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/index.php?option=com_content&view=category&layout=blog&id=50&Itemid=81 - Codirector da páxina web BECREA, http://www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/ - Codirector editorial da publicación Libro Abierto,: http://cepronda.org/libroabierto/?page_id=2 - Codirector da rede profesional de bibliotecas escolares da provincia de Málaga: http://www.cepaxarquia.org/aula/course/view.php?id=37
http://www.cepaxarquia.org/aula/course/view.php?id=37
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/
http://cepronda.org/libroabierto/?page_id=2
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/index.php?option=com_content&view=category&layout=blog&id=50&Itemid=81
Profesor de EP adscrito á área de Lingua castelá e Literatura do 1º ciclode ESO. Responsable da biblioteca do CPI “Luís Díaz Moreno” de Baralla dende o curso 2002-2003
Centro:
http://www.edu.xunta.es/centros/cpidiazmoreno/
Blog biblioteca:
http://bibliobaralla.blogspot.com/
Profesora de EXB pola Universidade de Santiago desde 1978. Diplomada en Bibliotecas Escolares, cultura escrita e sociedad en red pola UAB e a OEI en 2011. 3º Premio MEC de Buenas Prácticas de BEs en 2007 31 anos de experiencia docente sempre en escolas non urbanas de Galicia, dende 1987 no seu centro actual. Ten participado en múltiples actividades de formación no terreo das BEs tanto do MEC, coma da Consellería ou do Concello da Coruña coma alumna e coma docente. Ten publicado artigos en diversas revistas: Cuadernos de Pedagogía (2003), Mi Biblioteca (2006), Ensaios (2000 e 2011). En 2006 participa na elaboración dos libros de texto de Lingua Galega da Editorial Rodeira. EDEBÉ. É responsable da BE do CEIP Milladoiro de Malpica ininterrumpidamente dende 1995.
Profesora de PT no colexio de Dulcinea del Toboso de Ciudad Real e responsable da biblioteca do centro dende o ano 2005. Participación e relatorio en xornadas de bibliotecas escolares de Castilla-La Mancha e actividades formativas organizadas polo CEP da nosa cidade. 3º Premio Nacional de Buenas Prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas escolares 2010.
Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Zaragoza, onde foi premio “García Galdeano”, e posteriormente estudaría Estatística e Historia das Ciencias. O seu compromiso coa didáctica suscitaría “Matemáticas sen pizarra” e “Variacións sobre un mesmo tema” co que obtería o premio “Giner de los Ríos”. Aínda que, diferentes exposicións sobre “Medidas tradicionais en la Rioja” ou “El metro y la Ciencia”, os “Paseos por Logroño” e a súa longuísima dedicación ao estudo da Arte Mudéxar e á Historia das Matemáticas, dos que ten escrito infinidade de artigos, deixen aflorar un amor compartido con moitas outras facetas da vida. A súa actual dedicación ó fomento da lectura en xeral e da poesía en particular non son senón a cristalización lóxica desa sensibilidade polo humanismo, tanto no plano científico como no artístico ou literario.
El murmullo del agua: matemáticas entre los siglos VIII y XV
Rutas matemáticas: el mudéjar
La geometría como recurso para mostrara una idiosincrasia
Son mestra coas especialidades de primaria, infantil e inglés. Levo 24 anos traballando na escola pública e dende fai 6 son a xefe de estudos do CEIP Alba Prata onde coordino a biblioteca escolar xunto ao equipo de mestras da biblioteca. Nestes poucos anos, o equipo directivo e docente, conseguimos realizar un gran cambio no noso colexio baseándonos en proxectos innovadores e buscando a calidade educativa. Con iso logramos ser uns dos centros máis demandados pola familias da nosa cidade e conseguimos premios importantes para o centro como o Primeiro Premio Nacional de Dinamización e Innovación de Bibliotecas Escolares 2009 do Ministerio de Educación, o terceiro premio Marta Mata á calidade educativa 2010 do MEC,Premio Tomás García Verdejo ás Boas Prácticas Educativas 2010 de laConsejería de Educación da Xunta de Extremadura e terceiro PremioJoaquín Sama á Innovación Educativa 2008 da Consellaría de Educación da Xunta de Extremadura.Realicei diversos relatorios sobre dinamización de bibliotecas escolares e sobre os distintos proxectos de innovación educativa que realizamos no centro.
Javier Celaya é socio-fundador do portal cultural Dosdoce.com, membro do “Observatorio de la Lectura” da Junta de Andalucía, e co-Director do Máster de Comunicación Corporativa e Institucional 2.0 e do Máster de Edición Digital, ambos da Universidade de Alcalá. Dende o ano 2009 tamén forma parte do claustro de profesores da escola de negocios La Salle International Graduate School. Recentemente foi nomeado membro do Comité Científico e do Consello de Redacción da Revista Telos, pertencente á Fundación Telefónica. En xaneiro de 2008 foi nomeado vicepresidente da Asociación de Revistas Digitales de España (ARDE) e en xullo de 2010 vocal da Xunta Directiva da Asociación Española de la Economía Digital. En marzo de 2011, Javier Celaya obtivo o Premio Especial RdL de Divulgación. Ó longo dos últimos vinte anos, Javier desenvolveu a súa carreira profesional en diversas empresas relacionadas co mundo da comunicación e as novas tecnoloxías. Como Director Xeral da División de Desarrollo de Negocio para el Sur de Europa de Burson-Marsteller (1992-2000) asesorou a empresas como Telefónica, Microsoft, Motorola, Northern Telecom entre outras. Autor dos estudos "El papel de la comunicación en la promoción del libro" (2005); "El uso de las tecnologías Web 2.0 en entidades culturales" (2006) entre outros.
Daniel Cassany é profesor e investigador en Análisis do Discurso do Departament de Traducció i Ciències del Llenguatge, na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona (España). É licenciado en Filoloxía Catalana e doctor en Didáctica da lingua. Publicou máis de 12 monografías sobre comunicación escrita e ensino da lingua, en catalán, castelá e portugués, como “Describir el escribir” (1988); “La cocina de la escritura” (1996); “Reparar la escritura” (1993); “Construir la escritura” (1999); “Tras las líneas” (2006); “Taller de textos” (2006), “Afilar el lapicero” (2007), “Para ser letrados” (2009) e “Enseñar lengua” (1993, en coautoría), reeditados en varias ocasións en España e América. Publicou uns 100 textos entre artigos científicos en boletíns e actas en congresos, tamén en inglés e francés. Forma parte do consello asesor de 15 revistas científicas de letras, humanidades, sociais e ensina no ámbito catalán e hispano. Ten sido profesor invitado en universidades e institucións de máis de 25 países en Europa, América e Asia. Colaborou cos ministerios de educación de Cataluña, Galicia, Euskadi, España, Argentina, Chile e México, en programas de promoción da lectura e a escritura. Dende 2004 dirixe o grupo de investigación sobre Literacitat crítica.
Web personal:
http://www.upf.edu/pdi/daniel_cassany/
Web del grupo de investigación:
http://www.upf.edu/dtf/recerca/grups/grael/LC/
Doctor en Socioloxía pola Universidade Complutense. Actualmente Vicedecano da Escuela de Organización Industrial de Madrid (EOI). É asesor científico do proxecto Territorio Ebook da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Director do Máster en Edición da Universidad de Salamanca e o Grupo Santillana (1999-2011); Director do Proxecto de dixitalización e edición dixital da Universidade de Salamanca (2007-2010), entre outros; Director de Edición e Contidos Dixitais na Residencia de Estudiantes CSIC de Madrid (2003-2006); Director editorial en Santillana Formación (Grupo Santillana) (2001-2003); Director das bibliotecas e centros de documentación do Grupo Santillana (1999-2001). É autor de: Edición 2.0. Los futuros del libro. Barcelona, Ed. Melusina. 2007; Edición 2.0. Sócrates en el hiperespacio. Barcelona. Ed. Melusina. 2008; Bibliofrenia. Ed. Melusina. Barcelona. 2010; El potlatch digital. Wikipedia y el triunfo del procomún y el conocimiento compartido. Madrid. Ed. Cátedra. 2011; El nuevo paradigma digital del libro. Madrid. Trama editorial. 2011. Mantén o blog de actualidade editorial futurosdellibro.com
Director Xeral Adxunto da Fundación Germán Sánchez Ruipérez dede 2004. Formación - Licenciado en Dereito (1988) e Máster en asesoría fiscal e laboral (1989-1990) pola Universidad Autónoma de Madrid. Carreira profesional - 1992-2004 Corpo Superior de Administradores do Estado. Desempeñou postos directivos nos ministerios de Administracións Públicas, de Xusticia e Interior e de Industria e Enerxía. - Subdirector Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas do Ministerio de Educación e Cultura (1999-2004) Outras actividades - Foi Vicepresidente do Comité de alfabetización e lectura da Federación Internacional de Editores. - Realizou asesorías para diferentes gobernos e organismos internacionais. - Labor como relator, autor de artigos e coautor de libros centrada en torno a casos de excelencia no sector público, políticas públicas de promoción da lectura, acceso á información e a educación na sociedade dixital, os consumos nos novos medios e a lectura en novos soportes. - Longa experiencia docente (Máster, Profesor convidado en diversas Universidades, entre outras)
Profesor titular da Universidade de Salamanca dende o ano 1987. A súa docencia e investigación dedicáronse ó estudo das fontes de información e á industria editorial. Materias nas que publicou numerosas monografías e artigos científicos en revistas nacionais e internacionais. Foi director do Máster de Edición da Universidade de Salamanca (1999-2011), e director do Máster Executive en dirección Editorial da Universidade de Salamanca e a Universidad de Ciencias Aplicadas de Perú. É membro do Consello Executivo do Instituto de Historia del Libro y de la Lectura, e do Instituto de Estudios de Historia de la Ciencia y de la Tecnología da Universidade de Salamanca. É director do Grupo de Investigación Reconocido (GIR) E-LECTRA: Edición y Lectura Electrónica, Transferencia y Recuperación Automatizada de la Información. Representante da Universidade de Salamanca na Red de Universidades Lectoras e no Proyecto de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez Territorio Ebook. Dirixe a revista Pliegos de Yuste (www.pliegosdeyuste.eu). Membro dos consellos científicos das revistas Sintagma, Hermeneus, Memoire du Livre y Ciencias de la Información, entre outras.
http://www.pliegosdeyuste.eu
http://www.telos.es
http://www.alexa.com/siteinfo/goodreads
http://spotlight.macfound.org/
http://www.boston.com/business/
http://technology/articles/2011/07/30/ereader_sales_forecast/
http://www.entrepreneur.com/article/218120
http://socialnuggets.net/tablets
http://radar.oreilly.com/2011/05/marginalia-openmargin.html
Director da revista “Cuadernos de Pedagogía”. Profesor da Facultade de Educación da Universidade de Vic (Barcelona). Algúns libros publicados: “La aventura de innovar. El cambio en la escuela”, (2001), Morata; “Una educación para mañana” (2008), Octaedro; “La vida en un curso. Cosas que no siempre se explican” (2010), Graó; “Viaje por las escuelas de Asturias (2011), Cuadernos de Pedagogía-Wolters Kluwer
Entrevista a Jaume Carbonell
Notas para el debate sobre la escuela pública
Tesis (video)
Carmen Campos é actualmente Conselleira Técnica no Ministerio de Educación e forma parte do equipo responsable do Centro Virtual www.leer.es . É profesora de secundaria de inglés e comunicación audiovisual. Estudou Filoloxía inglesa en Sevilla, Máster en Educación e TIC na UNED e Diploma Estudos Avanzados en Periodismo UCM.
Profesor de matemáticas e coordinador das TIC no centro. Autor de varias publicacións sobre matemáticas e lectura
Grupo de biblioteca del centro
http://iesmonre.educa.aragon.es/biblio/index.htm
Proyecto “Investigo y lo Cuento”
http://www.iesmonre.educa.aragon.es/i+c/i+c.htm
Blog de la hora de lectura
http://e-ducativa.catedu.es/44004665/bitacora/
Licenciada en Filoloxía Inglesa. Universidade Complutense Coordinadora do Equipo de dinamización da Biblioteca Escolar (IES Sánchez Cantón) Premio á Innovación Educativa sobre os temas transversais, como coordinadora no traballo “Mulleres, Libros e Internet, 2004. Premio Nacional para a mellora e Innovación das Bibliotecas dos Centros Escolares. Ministerio de Educación e Ciencia.2005. Premio Federación de Libreiros de Galicia. 2005. Premio á Innovación Educativa como participante do traballo “Eu como: Mercado de proximidade”, 2008.
Mestre especialista en ciencias sociais, audición e linguaxe e música. O seu traballo actual é o de mestre de música no CEIP Condesa de FENOSA, no que leva 17 anos. Ó mesmo tempo leva dedicado á biblioteca do centro, acompañado dun equipo estable de colaboradores, dende hai uns anos, que lles permiten ofertar moitas actividades e propor moitas iniciativas que fan da biblioteca un eixo da actividade do colexio. Leva no Plambe dende 2008. A nivel persoal ten participado como alumno en numerosas actividades de formación en bibliotecas escolares, e como relator en bastantes cursos organizados por diferentas CEFORES. Tamén ten falado da experiencia da súa biblioteca en diversas charlas e exposto por escrito para a revista galega de educación. A parte da responsabilidade de bibliotecas coordina o plan Abaler do seu centro e ocupa o cargo da xefatura de estudos.
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/index.html
Mestra de educación primaria. Posgraduada en educación musical. Máster Biblioteca escolar e promoción da lectura pola Facultade de Biblioteconomía da UB. Coordinadora da biblioteca escolar dende 2006. Formadora do Plan de Lectura de Centro.
Mestre especializado en Audición e Linguaxe con destino no CEIP Juan Caro Romero dende o curso 2005/2006. Encargado da inauguración e dinamización da biblioteca IDES CEIP Juan Caro Romero no curso 2007/2008 ó través do proxecto “Descubriendo un nuevo mundo”. Coordinador do sistema de Xestión de Calidade do CEIP Juan Caro Romero dende o curso 2007/2008. Membro do equipo bibliotecario do CEIP Juan Caro Romero.
Doutora en Filoloxía Clásica e catedrática de Latín. Traballa no IES Cañada de las Eras de Molina de Segura, Murcia, onde, ademais do seu labor docente, coordina a Biblioteca escolar. Coordinou seminarios de centro e proxectos de innovación relacionados coa biblioteca do seu centro: -Bibliocañada, a nosa biblioteca (Proxecto de Innovación) 2005/6 -O programa Abies 2008/9 Así mesmo, participou coma relatora en diferentes cursos dos CPRs de Murcia e Molina de Segura relacionados coas bibliotecas escolares, sendo os máis recentes: -Formación para o profesorado do programa de Bibliotecas escolares 2008/9. -Informatización da biblioteca escolar 2009/10. -Organización e dinamización de bibliotecas escolares 2010. -Formación para o profesorado do programa de Bibliotecas escolares 2010/11. -Leer para aprender en todas as áreas. 2011/2012.
http://leer.es/wp-content/uploads/web_bibliocanada/index.htm
http://ieseras.org/biblioteca.html
Licenciada en Filosofía e Letras (Universidade de Murcia, 1975) e en Filoloxía Hispánica (UNED, 1988). Catedrática de Lingua castelá e Literatura. • Profesora de Ensino Secundario no IES “Juan Carlos I” de Murcia. Coordinadora da Biblioteca Escolar do centro e de proxectos Comenius na revista Presencia. • Profesora-administradora de varios proxectos e-Twinnig. Premio Nacional nun dos Proxectos. •Publicación de diversas críticas Literarias no diario “La Verdad”e de artículos relacionados coa Animación á Lectura en medios especializados. •Autora de diversos libros, como “A pie de aula”, editado pola Consejería de Educación, Formación y Empleo, 2009. • Presidenta de AFABLE, Asociación A Favor de la Bibliotecas Escolares de Murcia. • Participante en diversos programas como “Escritores por la aulas”, “Los valores en la literatura”, entre outros. • Participou coma relatora en numerosos cursos, congresos, mesas redondas… con temas relacionados co fomento da Lectura, as Bibliotecas Escolares e o desenvolvemento das capacidades expresivas e comunicativas.
http://enelpaisdealicia10.blogspot.com/
http://bega-horadeler.blogspot.com/
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
http://leer.es/
http://dpto.educacion.navarra.es/bibliotecasescolares/blitz.html
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/
http://www.imaginaria.com.ar
http://jc1leo-blog.blogspot.com/
Profesora de Educación Secundaria no IES de POIO. Coordinadora da Biblioteca Escolar do IES de POIO. Selo de Calidade Nacional, e Twinning 2011. Selo de Calidades Europeo e Twinning 2011. Mentora e Twinning.
Blog: http://lireetpartager-lerecomprender.blogspot.com/
Twinspace: http://new-twinspace.etwinning.net/web/p36619
Portal eTwinning: http://www.etwinning.net/es/pub/index.htm
Mestra e Licenciada en Filoloxía Inglesa pola universidade de Santiago de Compostela. Coordinadora da Biblioteca Escolar “O Segrel do Penedo” (2º Premio Nacional para la dinamización e innovación de las bibliotecas escolares en 2011) do IES de Fene. Coordinadora de distintos Grupos de Traballo sobre a biblioteca escolar, a súa organización, xestión e dinamización dende o ano 2005. Ten participado dende 1999 en numerosos cursos, congresos, xornadas, encontros, mesas redondas… con temas relacionados co Fomento de lectura e as Bibliotecas Escolares. Ten publicados diversos artigos sobre a biblioteca escolar e a súa dinamización. Docente do Máster de bibliotecas Escolares organizado pola UDC no ano 2007. Coautora da “Guía para bibliotecas escolares” publicada pola UDC (2009)
http://osegrel.blogspot.com/2008/04/encontros-para-encontrarnos-i.html
Víctor Fernández Freixanes naceu en Pontevedra o 24 de agosto de 1951. En 1973 licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago, nunha altura en que xa se dedicaba á crítica e á creación literaria. Tras unha estancia en Madrid, regresou á Galiza, onde dirixiu durante uns meses a Aula de Teatro da Universidade en Santiago; Posteriormente traballou en Vigo no Departamento de Actividades Culturais de Radio Popular, exerceu como profesor colaborador no Instituto de Ciencias da Educación da USC e iniciou o seu intenso labor xornalístico en diversos medios. En 1976 publicou o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos,. Catro anos máis tarde gañaba o Premio Modesto R. Figueiredo de Narración Curta co relato A caza das cascudas e resultaba finalista en Niza do Premio Internacional da Prensa por Manuel González Fresco. Memoria dun fuxido (1980). Mais sería a súa novela O triángulo inscrito na circunferencia (1982) —coa que gañou o Premio Blanco-Amor e os da Crítica galega e española— a que o convertiría nun referente da nosa narrativa. Desde ese momento deu á luz O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos Césares (1993) e coordenou o ensaio colectivo Galicia, unha luz no Atlántico (2001), mantendo ademais un estreito vínculo co mundo editorial. A actividade docente iniciada no ICE tivo continuidade na cátedra de Lingua e Literatura Galegas que ocupou nun Instituto de Bacharelato de Vigo e na Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago, onde actualmente exerce como profesor titular. En xuño de 2002 foi proposto para ocupar na Real Academia Galega a cadeira que ficou baleira após a morte do seu amigo Carlos Casares, a quen substituíu igualmente como director xeral da Editorial Galaxia.
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=V%EDcFern%E1&alias=&solapa=biografia
http://consellodacultura.org/mediateca/autor.php?id=49
http://congresosdelalengua.es/rosario/ponencias/aspectos/freixanes_v.htm
http://www.editorialgalaxia.es/imxd/libros/doc/1162292220171_Carta_do_Editor.pdf
Licenciada en Historia e diplomada en Biblioteconomía e documentación. Doutora en Documentación. Iniciou a súa práctica profesional no campo das bibliotecas escolares a finais dos anos setenta, traballou tamén en biblioteca pública e, posteriormente, dedicouse á docencia na Escola Universitària de Biblioteconomia i Documentació da Universidad de Barcelona. Recibiu o premio Rosa Sensat de Pedagoxía (1993) coa obra Formar-se per informar-se. La integració de la biblioteca a l’escola (Ed. 62/RosaSensat), escrita coxjuntamente con Teresa Mañà. Sobre bibliotecas escolares publicou outros libros, coma Bibliotecas escolares, para qué? (Ed. Anaya, 2001), con Teresa Mañà e Inma Vellosillo. Con elas e baixo a dirección de Inés Miret, formou parte do equipo de expertas en distintos proxectos: o estudo cuantitativo Las bibliotecas escolares en España. Análisis y recomendaciones (Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2005), o estudo de boas prácticas Bibliotecas escolares entre comillas (Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2010), e recentemente Bibliotecas escolares ¿entre comillas?(Fundación Sánchez Ruipérez); Paralelamente, dedicouse o estudo da edición de libros infantís, que foi obxeto da súa tesis doutoral (Las ediciones infantiles y juveniles de Editorial Juventud, 1923-1969).
Bibliotecas Escolares 'entre comillas'
Biblioteca Escolar y nuevas alfabetizaciones
Aprender en la biblioteca
La formación de usuarios en la biblioteca escolar. Educación Secundaria
La formación de usuarios en la biblioteca escolar. Educación Infantil y primaria
Propuestas didácticas para el desarrollo de la educación documental en Secundaria
La colaboración de bibliotecas públicas y bibliotecas escolares. ¿Relación, cooperación o integración?
Iniciou a súa práctica profesional no campo das bibliotecas escolares a finais dos anos setenta; traballou tamén en biblioteca pública e, dende 1992 adícase á docencia e á investigación na Faculdade de Biblioteconomía da Universidade de Barcelona. En 1993 recibiu o premio Rosa Sensat de Pedagoxía pola obra Formarse para informarse. La integración de la biblioteca en la escuela (Ed. Celeste), escrita con M. Baró. Ademais de numerosos artigos sobre bibliotecas escolares publicou outros libros, coma Bibliotecas escolares, para qué? (Ed. Anaya, 2001), con M. Baró e I. Vellosillo . Con elas e baixo a dirección de I. Miret, formou parte do equipo de expertas en distintos proxectos: Las bibliotecas escolares en España. Análisis y recomendaciones (Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2005), Bibliotecas escolares entre comillas (Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2010), y Bibliotecas escolares ¿entre interrogantes? (2010). Así mesmo, participou no deseño na execución do Master de Biblioteca escolar e promoción da lectura (UAB-UB) e o curso de Diplomatura en Bibliotecas escolares, cultura escrita e sociedad en rede da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI)
Bibliotecas Escolares 'entre comillas'
Aprender en la biblioteca
La formación de usuarios en la biblioteca escolar. Educación Secundaria
La formación de usuarios en la biblioteca escolar. Educación Infantil y primaria
Propuestas didácticas para el desarrollo de la educación documental en Secundaria
La colaboración de bibliotecas públicas y bibliotecas escolares. ¿Relación, cooperación o integración?
Consultora especializada en proxectos dixitais relacionados coa lectura, o libro e as bibliotecas. Entre outros, desenvolveu un entorno de recomendación de lecturas (www.sol-e.com), un proxecto para a alfabetización en información (www.esdelibro.es), un xerador de servicios en rede para as bibliotecas públicas (www.bibliotecaspublicas.es), un proxecto I+D+i para incorporar a obra suxeita a dereitos en bibliotecas dixitais liderado pola Biblioteca Nacional de España (http://bdh.bne.es/enclave). Traballa en temas relacionados coa normalización de metadatos do libro (impreso e dixital), creou a plataforma www.dilve.es e dirixiu a Enquisa sobre libro dixital en España 2009 e 2010. Estivo implicada en diversos traballos de dixitalización do sistema educativo e codirixiu o informe sobre as TIC na educación, promovido polo Ministerio de Educación de España. No ámbito das bibliotecas escolares, dirixiu o estudo de casos de boas prácticas (Bibliotecas escolares “entre comillas”) e a ferramenta de autoevaluación (Bibliotecas escolares ¿entre interrogantes?). É coordinadora do grupo de expertos en lectura e bibliotecas da OEI e coordinou os estudos de bibliotecas escolares realizados en España, Arxentina, Brasil, Chile e México.
www.sol-e.com
www.esdelibro.es
www.bibliotecaspublicas.es
http://bdh.bne.es/enclave
http://www.dilve.es
Profesora Titular da Faculdade de Ciencias de la Documentación. Universidad Complutense de Madrid. (1991/2010) Licenciada en Ciencias da Educación (1982) Bibliotecaria (1981/1991) Investigadora nos ámbitos das bibliotecas escolares, as bibliotecas públicas e a lectura, así como en educación en valores e educación para a cidadanía e os dereitos humáns. Nos derradeiros anos participou en diferentes investigacións, entre as que destacan, pola súa proxección nacional: Las bibliotecas escolares en España ( 2005) e Internet en el aula (2007), Bibliotecas escolares “entre comillas” (2010). Participación na elaboración dunha ferramenta de autoevaluación para as bibliotecas escolares de próxima aparición: Bibliotecas escolares, ¿entre interrogantes? Outras publicacións: Co-autora do libro “Educación para la Ciudadanía y Biblioteca Escolar”, Gijón, Trea, 2008; co-autora do libro “Bibliotecas escolares, ¿para qué?”, Madrid: Anaya, 2001. Varios capítulos no “Manual de Biblioteconomía”, editado en Madrid: Síntesis, 1997. Entre outros. Experiencia docente en numerosos cursos destinados a bibliotecarios públicos, bibliotecarios universitarios, profesores de educación infantil, primaria e secundaria.
Mestra en activo dende 1983. Coordinadora en CEIP PRÉSARAS-VILASANTAR entre 1995-2004 (premio MEC en 2004). Premio innovación educativa 2001. Coordinadora B.E CEIP JOSÉ CORNIDE SAAVEDRA-A CORUÑA 2004-2011.
Profesora de Matemáticas de Ensino Secundario no IES Número 5 de Avilés. Na súa traxectoria como docente tamén ten impartido clases de Informática e de Tecnoloxía da Información en Secundaria e Bacharelato. Posee formación específica en Bibliotecas Escolares e en elaboración de recursos web e multimedia. Ten sido relatora en múltiples cursos, seminarios, xornadas e congresos relacionados tanto coas matemáticas como coa la biblioteca escolar. Como coordinadora da Biblioteca Escolar do seu centro, nos derradeiros 13 años, coordinou o proxecto de formación e innovación “La Biblioteca Escolar como eje transversal en el desarrollo de competencias básicas”, obtivo un accésit na modalidade de Secundaria no Concurso Nacional de Ideas para la Mejora e Innovación de las Bibliotecas Escolares de los centros educativos 2004, foi seleccionada para colaborar no desenvolvemento do proxecto levado a cabo pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez-MEC (Investigación para el estudio de prácticas innovadoras en la integración de la biblioteca escolar en el proyecto de centro), recibiu o 1º Premio do Concurso Nacional de Buenas Prácticas para la Dinamización e Innovación de las Bibliotecas de los centros escolares para o ano 2010. Paralelamente participou en diversos proxectos, coma o Proyecto Europeo (Programa Sócrates acción Minerva) GRANDSLAM (Investigación General y Nuevos Desarrollos en las Bibliotecas Escolares como Centros Multimedia), el Proyecto InterGeo Traces (Grupo Avilés) - Análisis de recursos de Geometría dinámica, e foi compoñente do Grupo de Traballo Blended-Learning en el ámbito educativo: Uso de la Plataforma Moodle para la enseñanza en red. Entre moitos outros proxectos, colaboracións e publicacións.
Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía). Durante 14 anos foi profesora responsable e coordinadora do Seminario da Biblioteca Escolar do CP Pablo Iglesias de Soto de Ribera (Asturias) obtendo no curso 2005-06 un dos Premios de Dinamización de Bibliotecas Escolares do MEC polo proxecto: “En nuestra Biblioteca Escolare Empleamos Proyectos Documentales Integrados para Leer, Investigar y desarrollar Habilidades de Información”. Na actualidade forma parte do equipo da Biblioteca Escolar do CP Veneranda Manzano. Oviedo. Creadora de ABAREQUE, Revista de Biblioteca Escolar, a partir do Proxecto: “Nos Informamos, Comunicamos y Aprendemos con Internet y los Multimedia en la Biblioteca Escolar” (licencia por estudios, curso 2001-2002). Impartiu numerosos relatorios en relación coas Bibliotecas Escolares, a Animación Lectura, a Literatura Infantil e Xuvenil, a Competencia na Información, as relacións entre a Biblioteca Escolar /Biblioteca Pública e os Proxectos Documentais. Tutora telemática dos cursos de Bibliotecas Escolares do ITE (antiguo CNICE) dende 1998, así como dos cursos Las NNTT aplicadas a transmitir el placer de leer, La prensa como recurso educativo y las NNTT aplicadas a la Educación Primaria del PNTE, entre outros.
- Piquín, R y Santillán, B. (1999). Experiencia de Integración del uso de las TIC a través del Arte para niños, desde la colaboración Biblioteca Escolar-Biblioteca Pública. [en línea]
http://congresos.cnice.mec.es/ceiie/area3/documentacion/comunicaciones/html/3comunicacion05.html
- Piquín, R y Rey, A. (2005).Proyectos Documentales Integrados en la BE/CREA. ¿qué son y cómo hacerlos? [en línea]
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/images/MisPdf/boletines/libroa21-sep05.pdf
- Piquín Cancio, Rosa. (2006). Proyectos documentales herramienta para alfabetizar en información. [en línea] Educación y Biblioteca, 2006
http://www.redined.mec.es/oai/indexg.php?registro=01420073000610
- Piquín, Rosa. (2006). Proyectos Documentales Integrados: Una experiencia tecnológica entre bibliotecas y escuelas. [en línea]
http://sol-e.com/plec/archivos/Docs_Bibliografias/rpiquin.pdf
- Piquín Cancio, Rosa (2008) "Empleamos proyectos documentales integrados para leer, investigar y desarrollar habilidades de información en la biblioteca escolar".
http://www.redined.mec.es/oai/indexg.php?registro=00820083000181
Antropóloga, realizou estudos en socioloxía, linguas orientais e psicoanálise. Traballou como investigadora do Centro Nacional para la Investigación Científica (Paris, Francia) de 1972 a 2010. Despois de levar a cabo investigacións sobre as diásporas chinesa e grega, dende 1992 traballa sobre a lectura e a relación cos libros, privilexiando os métodos cualitativos e, en particular, a análise da experiencia dos lectores. Coordinou investigacións sobre a lectura no medio rural e sobre o papel das bibliotecas públicas na loita contra os procesos de exclusión. Dende 2004, afondou a análise da contribución da lectura en espazos que son obxecto de conflictos armados, de crises económicas intensas, de movementos forzados de poboacións ou de gran pobreza.
Entrevistas :
http://www.elargentino.com/nota-41728-Somos-seres-de-relatos-aunque-no-haya-palabras.html
http://www.pagina12.com.ar/diario/suplementos/espectaculos/2-13825-2009-05-11.html
http://criticadigital.com/index.php?secc=nota&nid=23131#D
http://www.imaginaria.com.ar/22/3/michele-petit.htm
http://ingenieriayuniversidad.javeriana.edu.co/editorial/impronta3_web.pdf
¿Construir lectores?
¿Cuándo llegará un real reconocimiento a la importancia de los bibliotecarios escolares?