Castelán | Galego
O mundo da educación asiste a importantes transformacións nos usos e prácticas da cultura escrita. Os centros educativos deben dar resposta ós retos que presenta a sociedade da información e poñer en xogo estratexias organizativas e metodolóxicas que faciliten a formación do alumnado como lectores competentes e como usuarios eficaces das distintas fontes informativas dispoñibles. As bibliotecas escolares maniféstanse como recursos imprescindibles para o exercicio destas funcións, ao ser espazos de aprendizaxe nos que se integra a cultura impresa e a cultura dixital.
A actual lexislación educativa considera de forma explícita a presenza das bibliotecas escolares nos centros e as actuacións das distintas Administracións educativas están a facilitar a renovación e actualización destas bibliotecas. É necesario, non obstante, abrir foros para a reflexión conxunta, o intercambio de experiencias e o deseño de medidas que permitan ás novas bibliotecas escolares xogar o papel que lles corresponde na consecución dos obxetivos marcados.
Contacto:
Asesoría de bibliotecas escolares.
Consellería de Educación e O. Universitaria. Xunta de Galicia.
asesoria.bibliotecas@edu.xunta.es
Tfno.: 881 997 330